Blogia
... be different

festival das linguas

festival das linguas

Santiago de Compostela acolle hoxe e ata o próximo sábado o Festival das Linguas, organizado pola Escola Oficial de Idiomas, que adicará cada día a unha lingua das que se imparten no centro - luns: galego e portugués; martes: francés; mércores: checo e italiano; xoves: alemán, e venres: inglés. A gastronomía, a música, o cinema e os costumes de Galiza e Portugal, Francia, Italia e Chequia, Alemaña e Gran Bretaña protagonizarán as actividades deste evento.

2 comentarios

mariña -

Parabéns pola túa nova maternidade!! Xa terás tempo de disfrutar da repostería europea máis adiante; mentres podes disfrutar desa riqueza (inter)cultural da que falas...

alex -

Ahhh! Se non tivera estes puntos e o pitufiño fose un pouco máis grande ía comer repostería europea a montóns! Por certo máis adiante tamén se fan competicións culinarias na EOI entre as distintas linguas, pero que rica é a riqueza cultural, a que si!