Blogia
... be different

meme: 5 estranos costumes

meme: 5 estranos costumes

O meu blog-compañeiro Kaká devolveume a pelota e invitoume a continuar este meme que pode ser ben gracioso; non teño problema ningún en deixar 5 estranos costumes, máis que nada porque son unha maniática de cuidado (podería poñer unha lista mooooi longa). A verdade é que me fixo moita ilusión o feito de que contara conmigo entre as persoas elexidas. GRAZAS!
Invitoume a xogar: kaká
Normas: A primeira persoa en participar redacta unha entrada titulada "5 estranos costumes", e as persoas invitadas a participar deben facer o propio no seu blog respectivo, indicando claramente quen lle invitou e incluíndo estas normas.
Ao final, debedes escoller a 5 novas persoas para invitalas a que continuen co meme, poñendo os seus nomes e un link ás súas bitácoras, sen esquecer deixar un comentario nos seus blogs lembrándolles que están entre os afortunados elexidos e que se informen do asunto no voso blog.
Os meus 5 estranos costumes:
1. Teño que ter o material para escribir do meu estudio clasificado por cores: lápices nun sitio, bolis negros por outro, bolis azúis por outro, vermellos por outro e outros coloríns distintos xuntos. Estúpido.
2. Góstame ter as portas pechadas alá onde estea. Penso que é porque me da certa seguridade (como se fose unha tartaruga na súa cunchiña).
3. Cando vou a unha cafetería góstame estar de espaldas á parede, non a outras mesas. Penso que isto tamén me da seguridade.
4. Nunca miro ós ollos cando me están a falar (miro ós beizos). Non teño problemas para oir ben, pero penso que vou entender mellor o que me din, e mirar ós ollos desconcéntrame.
5. Non podo comer un número impar de galletas ou de outros alimentos pequenos: teñen que ser dúas ou catro (así me poño!). Estou intentando correxilo.
Invito a participar a... (polo de agora somentes poño catro: quero pensar ben o que me falta)
Mónica
Ramo
Andresito
Dieguito
Se calquera que non teña blog quere deixar os seus 5 estranos costumes nun comentario, adiante!!

5 comentarios

mariña -

Joba! No has tardado nada!! Estas cosas son para cuando se tenga tiempo y ganas, y fuiste rapidísima teniendo en cuenta lo mega-ocupada que estás, así que te lo agradezco un montón!! Está de maravilla... jeje! Veo que coincidimos en algunas de nuestras manías... BICOS!!

Mónica -

Gracias Mariña! He tardado un poquito, porque estos días ni tiempo tengo de entrar en el blog. Espero que lo haya hecho bien. Era así, no? Es que estoy medio dormida...Besitos!

mariña -

Ah! E moitas gracias pola sorte que nos desexas!! Igualmente!! (supoño que ti andas con exames todo o ano...)

mariña -

Despóis da túa resposta á miña invitación ó meme non podería ser menos, kaká. É certo que dentro duns días comenza o bombardeo, pero sempre hai tempo para xente coma ti (que adica tempo ós demáis), que menos! Ademáis é bo desconectar un pouquiño... Bicos!

kaka -

¡Que ben que respostaras tan axiña! Non esperaba que o fixeras tan pronto... digo eu, como seica comezades os exames dentro de pouco...

Bueno, iso, e sorte nos exames...

Veñan, sen máis...