Blogia
... be different

Galicia Hoxe

Galicia Hoxe OCÉANO INTERNET. Luns 25 de outubro de 2004.

O Igape promoverá cun seminario o uso das novas tecnoloxías para mellorar a competitividade

A Coruña acollerá o próximo día 27 de outubro un seminario promovido polo Igape para facilitar o acceso e o uso das novas tecnoloxías polos directivos, xestores ou empresarios como ferramenta para impulsar a competitividade empresarial. O encontro, que se organiza coa colaboración da Universidade da Coruña forma parte dun ciclo que comprende 60 seminarios divulgativos específicos para difundir entre as pemes de toda Galicia o uso de ferramentas como Internet, o correo electrónico ou as webs de carácter empresarial. Con oito horas de duración e carácter gratuíto, o seminario desenvolverase na Aula FIC da Escola Técnica de Arquitectura, no campus de Elviña.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres