Programa de gratuidad de la Xunta de Galicia
(¿Conseguiremos algún día que los libros de texto no sean tan imprescindibles y por tanto las ayudas se destinen, por ejemplo, a la formación continua del profesorado para una auténtica mejora de la educación?)
GALICIA HOXE.CAMPUS
Venres 14 de xaneiro de 2005
A Xunta pagará os libros "con maior rapidez e axilidade"
Redacción. Santiago
A Consellería de Educación acordou onte crear unha comisión técnica específica para axilizar os pagamentos ós libreiros polos textos que adquiren os centros escolares que se acolleron ó Programa de Gratuidade dos Libros.
Así decidiuse tras a reunión mantida entre o conselleiro, Celso Currás, e a Xunta Directiva da Federación de Libreiros de Galicia, na que o responsable de Educación estivo acompañado polo director xeral de Centros, Alberto González Armesto, e polo director xeral de Política Linguística, Xesús Pablo González Moreiras.
No encontro os representantes do sector denunciaron que as liquidacións dos libros que adquiren os centros sofren "lixeiras demoras". Por iso, o obxectivo da comisión técnica será introducir "melloras específicas" que permitan maior rapidez e axilidade.
No sistema establecido, os centros educativos entréganlles ós alumnos, unha vez finalizado o curso, un vale por valor de todos os libros necesarios para o ano académico seguinte. Xa en setembro, a librería escollida polo alumno entrégalle o material correspondente ó centro, que á súa vez remite á Administración Educativa autonómica unha copia da factura. Unha vez examinada, a librería recibe o ingreso correspondente.
A implantación do Programa de Gratuidade de Libros de Texto desde o período 2003-2004 ten como obxectivo último alcanzar a plena gratuidade para todos os cursos de ensino obrigatorio. A súa aplicación en dous cursos permitiulles a 45.000 escolares galegos adquirir libros gratis, polo sistema de empréstito.
Na primeira edición deste programa, a Consellería destinou 3,6 millóns de euros, que este curso incrementou nun 40%. As previsións apuntan a que o próximo ano académico a partida podería ascender a 6,4 millóns de euros para continuar coa implantación do proxecto.
Sexto de primaria e 2ª de ESO
Galicia é unha das catro comunidades españolas, xunto coa Rioxa, Castela A Mancha e Aragón, que conta con este programa de gratuidade total para todos os alumnos, sen excepción. Ata agora, implantouse en 6º de Educación Primaria, o primeiro ano da súa aplicación, o curso pasado, e 2º de ESO, despois da ampliación este curso. No período 2005-2006 prevese ampliar a iniciativa a dous cursos máis, que aínda está por definir en cales serán.

0 comentarios